top of page

Actividades

El Aula ofrece la posibilidad de realizar un abanico de actividades. Parte de ellas se realizan en el interior del propio edificio, otras en la isla en la que está enclavado y, por último, también existe la posibilidad de realizar rutas de senderismo. 

Nuestras actividades están pensadas para llegar a un amplio sector de usuarios, pero no todas son adecuadas para todos los públicos. Selecciona la que consideres más adecuada a tu edad, intereses o capacidades. Si tienes alguna duda, o quieres reservar alguna de ellas, ponte en contacto con nosotros. 

Las actividades en el Aula son preferentemente en gallego y castellano, pero pueden desarrollarse en inglés previa petición.

ACTIVIDAD 1: “A vida arredor da auga"

DESTINARIOS:

Educación Infantil.

ÉPOCA:

Todo o ano. Recomendable na primaveira.

DESCRICIÓN:

Ruta de descubrimento do medio arredor da Aula da Natureza, observando as ras na illa, cabracegas no río e tritóns na Canteira do Veral. Na Aula: imitación de animais que viven no río, tras unha pequena demostración. Descubrimento de insectos en caixas da Aula e debuxos. Reconstrución de puzzle de tritón e ra. Asociación do tritón coa mitoloxía grega e coa cultura audiovisual moderna.

OBXECTIVO:

Toma de contacto co mundo natural e despertar a curiosidade por el.

Nota: As actividades adaptaranse á meteoroloxía, priorizando as de exterior en días bos. Existen impermeables na Aula a disposición dos grupos.

DURACIÓN:        3 h.

 

 

 

Fotografía: Charca do Veral e lugar de escalada.

ACTIVIDADE 2: “O bosque oculto: restos, rastros e pegadas”

DESTINARIOS:

Educación primaria, ESO e Bacharelato.

ÉPOCA:

Todo o ano.

DESCRICIÓN:

Realización de saída a pé pola Ruta das Chousas en busca de pegadas e rastros de animais (pegadas de xabarín, corzo, formigueiros, toupeiras, niños de picapaus) e unha actividade na Aula de experimentación con rastros de fauna e restos de flora. Actividades de escoita de cantos de aves. 

Para niveis básicos: xogo de descubrimento de obxectos do bosque en caixas. Xogo de pintado de animais e colocación no seu medio. Collage con elementos atopados no camiño.

OBXECTIVO:

Promover a concentración e a atención e a interpretación de indicios. Tomar conciencia da riqueza natural dos bosques. Despertar a curiosidade polo mundo natural e utilizar outros sentidos á parte do da vista.

DURACIÓN:       3 h.

 

 

ACTIVIDADE 3: “Os outros habitantes”

DESTINARIOS:

Educación Infantil.

ÉPOCA:

Primavera.

DESCRICIÓN:

Descubrimento das pequenas e descoñecidas criaturas que viven no bosque e no río. Combinación de ruta polo bosque das Chousas con actividades na Aula.

Faise unha visita á charca do Veral para examinar anfibios. Na Aula faise un calcado de follas de árbores presentes na Illa da Aula e se buscan as árbores nas placas explicativas. Utilízase tinta de nogalina, procedente de casca de noz, para escribir os nomes.

Xogo de asociación de froitos de árbore con fotos das especies. Traballo con insectos, a través de paneis, e outros materiais na Aula. Expresión artística: pintar un tritón e unha ra. Asociación do tritón coa mitoloxía grega e coa cultura audiovisual moderna.

DURACIÓN:       3 h

ACTIVIDADE 4: "As árbores das Chousas"

DESTINARIOS:

Últimos niveis de ESO. Bacharelato.

ÉPOCA:

Todo o ano.

DESCRICIÓN:

Actividade guiada de descubrimento das árbores da Ruta das Chousas. Ao final faranse varias actividades na Aula para lembrar o explicado (asociar froitos e árbores, diferentes tipos de froitos, asociar obxectos e árbores). Repartiremos unha lámina coas especies presentes na illa da Aula e os participantes deberán ir tachando uns cadros correspondentes con cada especie, nunha exploración da illa onde está a Aula.

OBXECTIVO:

Descubrir a diversidade nos nosos bosques e os diferentes sistemas de propagación e dispersión natural. Tomar conciencia da importancia económica dos bosques , necesidade de conservación e a súa presenza nos obxectos cotiáns.

DURACIÓN:       3 h

ACTIVIDADE 5: “A historia do Mera a través das pedras"

DESTINARIOS:

Público xeral. Bacharelato.

ÉPOCA:

Todo o ano.

DESCRICIÓN:

Percorrido a pé polo val do Mera, seguindo o rastro do uso humano das pedras a través da nosa historia e os seus efectos na natureza. Curiosidades do granito no Val do río Mera. A lousa, orixe e usos. Cómo era Lugo cando se formaron esas pedras? Escasa relevancia temporal do home na historia da terra.

OBXECTIVO:

Adquirir nocións sobre a formación das rochas e súas as diferentes propiedade. Coñecer os usos das rochas ao longo da historia e no presente. Adquirir conciencia sobre a magnitude temporal da historia do planeta. Impacto do home e posibilidades de restauración do medio.

DURACIÓN:       3 h

ACTIVIDADE 6: “Os bosques de Galicia no val do río Mera”

DESTINARIOS:

Público xeral. Bacharelato.

ÉPOCA:

Todo o ano.

DESCRICIÓN:

Ruta suave de sendeirismo  desde a Aula da Natureza ata Seoane do Mera, descubrindo a diversidade de árbores e bosques presentes no val do río Mera (faias, reboleiras, carballais, bosques de ribeira, piñeirais, eucaliptais). Observación de como cada bosque crea un ambiente diferente e diferentes recursos para a fauna.  Usos do bosque en Galicia.

OBXETIVOS:

Contacto coa natureza, exercicio físico e tomar conciencia da diversidade dos nosos bosques e dos seus beneficios para o home.

DURACIÓN:       4 h

ACTIVIDADE 7: “Viaxe ao pasado. Do Veral a Santa Eulalia”

DESTINARIOS:

Todos os públicos (con forma física media).

ÉPOCA:

Todo o ano.

DESCRICIÓN:

Ruta de sendeirismo desde a Aula de Natureza do Veral ata un dos monumento máis relevantes en Galicia entre o Imperio Romano e a Idade Media: a igrexa de Santa Eulalia de Bóveda. Tras cruzar todo o val do Mera, alternando bosques caducifolios, aldeas e prados, chegaremos á aldea de Santalla, visitando a cripta precristián da Santa Eulalia.

DURACIÓN:       3 h

ACTIVIDADE 8. “Ruta dos petroglifos de Adai”

DESTINARIOS:

Todos os públicos (con forma física media).

ÉPOCA:

Todo o ano.

DESCRICIÓN:

Ruta de sendeirismo desde Lugo ata a Aula da Natureza do Veral, onde nos contarán cousas sobre a natureza do río Mera, pasando polos misteriosos petroglifos de Adai.

DURACIÓN:       4.30 h.

ACTIVIDADE 9. “A través de bosques e campos. Ruta a San Pedro de Calde desde O Veral”

DESTINARIOS:

Público xeral (con forma física media). Bacharelato.

ÉPOCA:

Todo o ano.

DESCRICIÓN:

Ruta de sendeirismo desde a Aula da Natureza do Veral ata San Pedro de Calde. Descubrindo as diferentes formacións boscosas e os seus usos e a a evolución dos ecosistemas agrarios galegos. Pasaremos por unha curripa ou ouriceira e observaremos os cambios que operan na actualidade no campo galego.

OBXECTIVO:

Descubrir os diferentes tipos de bosques máis comúns en Galicia, facer exercicio físico e observar a interrelación entre bosque e usos agrícolas, e os seus usos cambiantes dependendo dos intereses do home.

DURACIÓN:       4 h

ACTIVIDADE 10: “Das ovellas ao tecido. Xogando coa la”

DESTINARIOS: Público xeral. Educación primaria, ESO.

ÉPOCA: Todo o ano.

DESCRICIÓN: Actividade de contacto co mundo rural na Aula de Natureza. Adentrarémonos no mundo da la, fibra máxica con sorprendentes propiedades e materia prima do feltro. Tamén aprenderémos a preparación da lá, cardado, tinguido e elaboración de napas, así coma o proceso do feltrado e os seus segredos. Finalmente daremos un paseo pola Ruta das Chousas.

OBXECTIVO: Actividade de contacto co mundo rural e promover un material natural como é a la. Practicar a manipulación de obxectos coas mans cara un obxectivo final: a creación dunha bola de feltro.

DURACIÓN: 4 h.

 

ACTIVIDADE 11: “ O bosque dos sentidos”

DESTINARIOS:

Público xeral. Adaptada para discapacitados visuais.

ÉPOCA:

Todo o ano.

DESCRICIÓN:

Actividade de descubrimento dos bosques do Mera, a través dos sentidos. Os aromas das flores, o canto das aves, o tacto dos froitos e das codias das árbores, as texturas de liques e o musgos, e das diferentes pedras mostrarános unha percepción do bosque moi diferente. Na Aula atoparemos tamén retallos deste mundo sensorial, que descubriremos por medio do xogo e da exploración.

OBXECTIVO:

Promover o uso dos diferentes sentidos, ter conciencia deles e descubrir o bosque de forma diferente.

DURACIÓN:       3 h.

ACTIVIDADE 12: “A natureza recicla, o home tamén”

DESTINARIOS:

Todos os públicos. Educación primaria,  ESO, Bacharelato. 

ÉPOCA:

Todo o ano.

DESCRICIÓN:

Percorrido a pé polo val do Mera, observando os procesos de reciclaxe natural no bosque. Despois farase unha actividade de clasificación de reciclaxe urbano na Aula.

OBXECTIVO:

Crear conciencia favorable á reciclaxe, observando este como un proceso extendido na natureza e económico.

DURACIÓN:        3 h.

ACTIVIDADE 13: “Descubrindo o mundo das aves”

DESTINARIOS:

Grupos familiares. Infantil e Primaria.

 

ÉPOCA:

Todo o ano.

 

DESCRICIÓN:

Introdución ao mundo das aves, caracterizando as aves através de recompoñer varios animais: ornitorrinco, varias aves, crocodilo, un canguro e unha vaca. Observación das propiedades das plumas e confección dunha diadema de plumas, coloreándoa. Despois faremos un paseo pola Ruta das Chousas para oír cantos de aves.

 

OBXECTIVO:

Despertar a curiosidade polo mundo das aves e promover a creatividade.

 

DURACIÓN:       3 h.

ACTIVIDADE 14: “Día Mundial dos humidais”

DESTINARIOS:

Público xeral. Bacharelato.

 

ÉPOCA:

1 Febreiro 2019.

 

DESCRICIÓN:

Visita á Aula coa explicación dos diferentes seres vivos que viven nos cursos e auga e inspección dun tramo de río. Revisión do ciclo da Auga e da escasez de auga doce dispoñible. Posible visita á lagoa de Sobrado dos Monxes ou a un humidal chairego para observar aves.

 

OBXECTIVO:

Tomar conciencia da vulnerabilidade dos cursos de auga e  da biodiversidade presente nos humidais.

 

DURACIÓN:

3 h ou 4 h, dependendo se se fai visita a unha lagoa.

ACTIVIDADE 15: “Día Internacional dos bosques: celebrando a vida no bosque

DESTINARIOS:

Todos os públicos.  Educación infantil, Educación primaria e ESO.

 

ÉPOCA:

21 de marzo de 2019.

 

DESCRICIÓN:

Batería de xogos na Aula da Natureza e camiñada pola “Ruta das Chousas”.

 

OBXECTIVO:

Promover o goce no medio natural e o contacto dos rapaces coa natureza, facendo exercicio físico.

 

DURACIÓN:       3 h.

ACTIVIDADE 16: “O problema das plantas invasoras

DESTINARIOS:

Público xeral adultos. Bacharelato.

 

ÉPOCA:

Todo o ano.

 

DESCRICIÓN:

Charla sobre o problema das plantas invasoras e visita optativa ás beiras do rio Miño.

 

OBXECTIVO:

Tomar conciencia desta crecente problemática e dos efectos do home no medio.

 

DURACIÓN:

Charla de 40 minutos. Saída de1,5 h.

ACTIVIDADE 17:  “Os anficios e réptiles. Son perigosos?”

 

DESTINARIOS:

Público xeral. ESO, Bacharelato.

 

ÉPOCA:

Todo o ano.

 

DESCRICIÓN:

Charla no centro sobre anfibios e réptiles galegos. Taller complementario. Se coincide en primavera, visita á Charca do Veral.

 

OBXECTIVO:

Desmitificar a perigosidade dos anfibios e réptiles, fomentar o respecto por estes seres vivos e o seu papel na natureza. Fomentar o coñecemento científico e a ciencia como método e relato.

 

DURACIÓN:

Charla de 30 minutos. Taller complementario de 40 minutos axustado á idade.

ACTIVIDADE 18: “ Viaxando no tempo: arte rupestre de Adai”

 

DESTINARIOS:

ESO.

 

ÉPOCA:

Todo o ano.

 

DESCRICIÓN:

Visita a pé ao petróglifos de Adai, debuxo dos gravados e creación dun microrrelato relacionado cos gravados.  Limitado a grupo de 15 persoas. Punto de partida: igrexa de Adai.

 

OBXECTIVO:

Fomentar a creatividade co medio natural e conectarnos coa aventura da existencia humana através do tempo.

 

DURACIÓN:       3 h.

.

bottom of page